Actividades de Educación Primaria

Volver

DÍA DO LIBRO

post
Ver más imagenes

Este curso o noso centro celebrou un ano máis a conmemoración da semana do libro. Desde infantil ata bacharelato o alumnado viviu uns días de intensa investigación e inmersión nos libros de Astérix e Obélix escollidos para a ocasión; pois lembramos que fai 50 anos, ao igual que o aniversario do Colegio Vigo, as historietas de René Goscinny e Albert Uderzo gozaban de gran éxito en Europa.

Nas asignaturas de tecnoloxía o alumnado elaborou unhas preciosas figuras dos persoaxes protagonistas, Astérix, Obélix e o seu can Ideafix, que serviron como decoración no escenario. O venres 27 de abril, xa cada curso no salón de actos explicou as características dos  persoaxes máis representativos da serie e asistimos á recreción dalgunha das máis famosas e divertidas aventuras, como por exemplo, Os Xogos Olímpicos ou Astérix e as doce probas.

Xa por último, parte do alumnado da ESO e Bacharelato levou a cabo unha exposición  moi interesante sobre rasgos comúns entre as terras galas e Galicia. O acto rematou cunha sesión de fotos dos alumnos e alumnas cos protagonistas do cómic e o visionado da película animada, Astérix en Bretaña (1987).

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar