Volver

VISITA DE 1º DE BACHARELATO I VILA ROMANA DE TORALLA

Con motivo de que os alumnos  coñezan algún aspecto máis da romanización de Galicia, e en concreto da importancia de VICUS como explotación de recursos mariños, asistimos á visita guiada á excavación arqueolóxica situada na praia de O Vao.

 Na mesma vila poidemos observar  o museo etnográfico no que apreciamos con maior detemento as distintas épocas de penetración dos romanos e como era a súa vida diaria.

Das excavacións destacamos a existencia das termas que son un claro signo da posición social elevada dos seus propietarios.

 

A valoración da saída foi positiva;  moitos deles era a primeira vez que visitaban unha excavación arqueolóxica e reflexionaron sobre a importancia dos romanos para a nosa cultura e a nosa propia lingua.