Volver

CHARLA CO ESCRITOR RAÚL VACAS

post
Ver más imagenes

CHARLA CO ESCRITOR RAÚL VACAS                              

O 15 de decembro visitounos RAÚL VACAS, escritor do libro Esto y ESO co que os alumnos de 2º da ESO traballaron este trimestre. Achegámonos á poesía da man dun autor que os fixo reflexionar mesmo sobre as súas materias, “calquera cousa pode ser convertida en poesía…esto…ESO” e así xurdiu a idea deste libro dividido en poemas adicados a cada unha das materias que eles cursan en secundaria.

Contounos como escribir poesía lle serviu as veces de desafogo e de reflexión sobre si mesmo, falounos do haikú como fotografía verbal, mesmo recitamos xuntos un poema cuxas palabras contiñan números, e instounos a ser cazadores de palabras.

Os seus poemas son en realidade pluritextos que tentan provocar aos alumnos, que sexan lectores activos e que reflexionen cada texto, que queran sempre ir máis alá. Debemos agradecerlle que nos ofrecerá tantos recursos sacados da súa maleta para recuperar a imaxinación e as emocións.