Volver

SAÍDA A MANZANEDA

post
Ver más imagenes

SAÍADA A MANZANEDA

O pasado martes día 4 de abril,  os alumnos da ESO acudiron á estación de montaña de Cabeza de Manzaneda como todos os anos. Disfrutamos dun día fantástico de neve e montaña. Chegamos sobre as 11 da mañá, e logo de repoñer forzas, dispuxémonos para ascender a parte superior da estación practicando un pouco de sendeirismo.

A subida foi moi entretida, porque ao ir atopando neve empezaron as batallas de bolas, que fixo a ledicia, tanto dos máis pequenos, coma dos maiores. Tivemos tempo de sacarnos algunas fotos e chegar a parte alta onde atopamos unha ladeira coa neve suficiente para podernos tirar cos trineos.

Despois baixamos de novo a cafetería para xantar e descansar da xornada antes de emprender o regreso a Vigo, non sen antes parar a comprar unhas bicas típicas da zona.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar