Volver

VISITA Ó MARCO DE VIGO

post
Ver más imagenes

VISITA DIDÁCTICA Ó MARCO DE VIGO.

 

O día 7 de abril, os alumnos de 1º e 3º da ESO visitaron o Museo de Arte Contemporánea de Vigo como complemento da asignatura de plástica.

Fomos recibidos por unha orientadora didáctica que impartiu una charla sobre o propio edificio onde se atopa albergado o museo, a  finalidade era que os alumnos/as soubesen algo máis sobre a historia de Vigo.

A continuación amosáronnos as distintas obras  da exposición Mulleres do silencio, unha visión sobre as achegas e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da Galicia contemporánea.

 

 A valoración da saída foi positiva;  moitos deles era a primeira vez que visitaban o MARCO de Vigo, e reflexionaron sobre a importancia do concepto como elemento fundamental na Arte Contemporánea.