Volver

CLADE DE PETANCA

post
Ver más imagenes

                      CLASE TEÓRICO PRÁCTICA DE PETANCA DO CLUB DE PETANCA SAN XOAN

Dentro das actividades propostas para este ano dentro do Departamento de Educación Física para a ESO, os de primeiro curso tiveron unha clase teórico-práctica sobre o deporte da petanca.

No propio ximnasio do colexio, César Álvarez, presidente do clube San Xoan, Francisco e Adrian Álvarez, de 17 anos e xa dentro da selección galega de petanca , contáronnos a orixe e historia dese deporte.

Logo pasamos ao patio do centro onde xa se dividiron en equipos para competir e aprender as regras do xogo practicando eles mesmos, valorando a forza e a técnica que lles permitise ter mellor puntería, tanto na aproximación como no desprazamento das bolas contrarias.

Desde aquí queremos agradecer á Concellería de Deportes de Redondela por termos en conta no seu programa para escolares EducaDeportivo.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar