Volver

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE XOSÉ ABAD

post
Ver más imagenes

 

                                             EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE XOSÉ ABAD

O día 25 de abril, os alumnos de 1º de Bacharelato visitaron en Pontevedra, no Café Moderno Afundación, un proxecto fotográfico de Xosé Abad titulado Oficios entre Lusco e Fusco.

Xosé Abad fainos reflexionar sobre os oficios tradicionais que están en vías de extinción nos países desenvolvidos. Quizais neste intre esteamos a vivir os derradeiros momentos da coexistencia entre dous xeitos de fabricación ben diferenciados, e por iso é importante documentar este tránsito e toda a beleza a punto de desaparecer con eles.

Para acabar a visita os rapaces participaron nun taller de tipografía, un deses oficios que están a desaparecer.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar