Volver

O SAMAÍN

post
Ver más imagenes

SAMAÍN

Samaín, samaín...

O martes 31 de outubro o alumnado de Colegio Vigo celebrou terroríficamente a tradicional festa de Samaín. Durante toda a semana as mesas fóronse enchendo de simpáticas cabazas decoradas para a ocasión que os rapaces elaboraron coas súas familias. O propio día da festa fixemos un percorrido polos corredoiros do colexio ata chegar á aula de multiusos onde os titores de terceiro, cuarto e quinto curso de Primaria tíñanos preparada unha sorpresa. Nada máis e nada menos que a escenificación dun conto, máis cómico que terrorífico, titulado Natacha Lada. Xa na biblioteca, e tamén en distintas aulas, puidemos ver distintos vídeos sobre as orixes desta celebración e unha película animada. Despois do recreo, alumnos e profesores déronse cita no Salón de Actos, onde nenos e nenas de segundo curso de primaria cantaron unha canción de bruxas e un alumno de quinto curso  de Primaria, Marcos Núñez, leunos un conto de medo escrito por el mesmo. A festa rematou cun divertido baile onde a protagonista, como non, foi a cabaza.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar