Volver

MAGOSTO

post
Ver más imagenes

MAGOSTO

O pasado venres 10 de novembro o Colegio Vigo celebrou o tradicional Magosto nunha xornada de portas abertas ás familias que resultou ser moi divertida e amena. O acto comezou no patio exterior coa intervención dun grupo improvisado de cantareiras, As Choliñas, que nesa data visitaron aos máis pequerrechos do centro e animaron a todos os presentes a botar unhas pezas ao son de gaitas e pandeiretas. Seguidamente un conxunto de alumnos e alumnas da ESO leron o pregón de benvida ilustrándonos  sobre a orixe e intención desta festa.  A continuación seguiron as actuacións interpretadas polos alumnos de Infantil e Primaria onde non faltaron poesías  e loas ás castañas, cancións tradicionais e incluso un “Rap do magosto”. Por último, o espectáculo rematou coa esperada interpretación de alumnos de terceiro da ESO que amenizaron a festa con música galega en directo. O patio do cole mudou a súa cor esa mañá, xa que máis de un marchou coa cara tisnada cos tizóns do braseiro. Finalizamos a festa con xogos populares nos que a participación foi total. Agradecemos desde aquí a implicación das familias nas actividades festivas e por suposto a súa presenza no Magosto.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar