Volver

VISITA DIDÁCTICA AO SCRIPTORIUM MEDIEVAL

post
Ver más imagenes

Os días 28 de Novembro  e 1 de Decembro os cursos de1°e 2 °  da ESO  visitaron o Scriptorium de Redondela. A saída tiña como obxectivo acudir a un obradoiro de caligrafía medieval. O obradoiro,  baixo o título  "Scriptorium. O mestre dos códices", mostroulles cal era o proceso de elaboración dun manuscrito na Idade Media ao alumnado.  Ademais de dar a coñecer o laborioso proceso de escritura manuscrita e iluminación dun pergamiño, o obradoiro acompáñase dunha exposición explicativa. Un xeito diferente de aproximarse ao Pergamiño Vindel, que visitaremos no mes de xaneiro.
          Foi unha visita moi interesante que mantivo a todos os alumnos atentos e unha experiencia moi positiva, xa que todos participaron preguntando ou respondendo ás cuestións que se lles plantexaron, e transformáronse en monxes medievais escribindo o seu propio pergamiño que decoraron cunha letra capital.  Levaron de agasallo cadanseu diploma de copistas.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar