Volver

ENGLISH WEEK

post
Ver más imagenes

O alumnado de terceiro curso da ESO participou do domingo 10 ao sábado 16 de decembro no curso residencial de inmersión en inglés (English Week) na antiga aldea Os Peares (Lugo).

 
Dentro dos obxectivos marcados nesta experiencia, detacamos a importancia de mellorar a axilidade verbal, reforzar estruturas gramaticais, adquirir vocabulario xeral e temático, incrementar a confianza do alumnado ante situacións orais imprevistas e desenvolver a capacidade de comprensión auditiva e comunicación oral dos participantes.

A experiencia en xeral foi moi positiva, a convivencia entre alumnos, monitores e compañeiros doutros centros fixo que a despedida fora moi triste, sinal de que mereceu a pena asistir.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar