Volver

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

post
Ver más imagenes

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 O pasado martes 30 de xaneiro o alumnado de Colegio Vigo celebrou como é costume o Día da Paz. Este ano as boas intencións voaron nun papaventos que presidiu todo o acto. O lema destacado Verás que ti podes voar se vives en paz, animou aos escolares a decorar e crear preciosos lazos que se foron colocando na cinta do papaventos mentres tivo lugar a celebración.

Comezamos coa lectura do pregón e, acto seguido, os alumnos e alumnas de Infantil e primeiro e segundo cursos de Primaria deron luz a todos coa interpretación dunha fermosa canción que leva por título No has nacido amigo para estar triste aunque llueva en tu corazón. Despois, un representante de cada curso leu o seu desexo de paz e o acto finalizou coa canción coreada por toda a comunidade educativa Hoy toca ser feliz de Mago de Oz. Canción acompañada dun emotivo vídeo onde os protagonistas eran os propios alumnos no momento de preparar as actividades para este día.

Mención especial aos rapaces e rapazas de segundo curso de Bacharelato que tiveron destacado protagonismo no evento, pois recibiron aos seus compañeiros entre aplausos na entrada do Salón de actos onde tivo lugar a homenaxe a este día de paz; pero a súa misión non quedou aí, ademais de converterse en animadores e presentadores, bailaron para todos ao son da canción transformándose en improvisadas avionetas de Paz.

 

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar