Volver

Exposición LEONARDO DA VINCI

post
Ver más imagenes

 A saída tiña como obxectivo dar a coñecer  aos nosos alumnos unha das figuras máis representativas do Renacemento como é Leonardo da Vinci, visitando a exposición do “Tinglado” situada no porto de Vigo. Organizouse con 4º ESO (20 alumnos), 1º bacharelato (13 alumnos), 1º de FPB (15 alumnos) e 2º de FPB (10 alumnos), acompañados polos seus titores.

 

         Saímos do colexio ás 10:35 xa que a visita estaba concertada para ás 11:00. Xa  alí, en primeiro lugar, visualizamos un documental ilustrativo da vida e obra do artista e, a continuación, en dous grupos con cadanseu guía, tivemos a oportunidade de ver debuxos  e estudos de distintas materias, manipular algúns dos inventos e, por suposto, contemplar algunhas réplicas dos cadros máis emblemáticos de Leonardo da Vinci.

        Foi unha visita moi positiva, interesante e agradable. Os alumnos, disfrutaron moito.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar