Volver

ENTROIDO 2018

post
Ver más imagenes

O pasado venres 9 de febreiro, co gallo da festa do entroido, o alumnado de Colegio Vigo celebrouno de forma moi especial facendo un pasarrúas pola Alameda de Redondela. O día estaba gris pero as cores puxéronas os nenos e nenas de Infantil e Primaria que foron amablemente recibidos na porta principal do Concello polos concelleiros Arturo González, Mª Teresa Paris e Ángela Antón e por suposto coa presencia da Coca Simona que bailou alegremente con todos os rapaces. Aproveitamos a ocasión para mostrarlle desde este medio o noso agradecemento, tanto aos concelleiros como aos membros de Protección Civil de Redondela por darnos unha acollida tan cariñosa e por telo todo tan ben organizado para a visita dos escolares.

Unha vez de volta ao colexio continuamos a festa nas nosas instalacións onde foron tamén invitadas as familias para participar no tradicional desfile de disfraces, este ano ambientados na temática dos contos infantiles e películas Disney. A festa rematou cun divertido baile.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar