Volver

CARREIRAS DE ORIENTACIÓN

post
Ver más imagenes

No colexio estamos moi interesados no deporte e na saúde dos nosos rapaces, tentamos fomentar ao máximo a práctica e coñecemento de outros deportes non tan populares.

Onte, 19 de marzo, visitounos Ricardo Figueroa, membro do Club de Montañeiros Aromon. Veu  presentar aos nosos alumnos unha modalidade deportiva pouco coñecida: AS CARREIRAS DE ORIENTACIÓN.

Co motivo de animalos a inscribirse na próxima carreira que terá lugar en Redondela o domingo día  25 de MARZO, para que os rapaces puidesen comprobar que o material empregado é moi sinxelo, e polo tanto pouco custoso así como apto para todas as idades.

Deixounos fichas de inscrición e recordounos o seu lema “primeiro pensa, logo corre”.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar