Volver

Saída de Bacharelato a Alliance Française

post
Ver más imagenes

O Xoves, 5 de Abril, os alumnos de Bacharelato acudiron  á Alliance Française de Vigo para ver unha exposición  dos collages  do autor francés Jacques Prévert.
Recibiunos e atendeunos a directora, Véronique Calvez, que nos fixo unha brillante presentación da asociación que é a Alliance Française  e o seu labor de traballo en prol da lingua francesa e a súa cultura así como do poeta e guiounos a través da súa obra exposta.  Os alumnos traballaron nun obradoiro sobre a exposición e visionaron en forma dixital algúns dos seus máis coñecidos poemas... E sempre na lingua de Molière... 
Foi unha experiencia moi agradable e moi positiva. Participaron, gozaron e aprenderon moitísimo, reforzando o traballo feito previamente na aula.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar