Volver

Profesorado asiste a conferencia de David Calle

post

O pasado venres, 6 de abril, algunhas profesoras do Colegio Vigo tivemos a ocasión de asistir á conferencia organizada polo Club Faro de David Calle, o profesor nominado ao Teacher Global Price e unha das cen persoas máis innovadoras segundo Forbes. O creador do canal de YouTube enfocado á Ciencia, unicoos, presentou de maneira distendida, clara e amena o seu libro ¿Cuánto pesan las nubes?
Sen dúbida ningunha, unha experiencia moi positiva e unha lectura moi recomendable. 

https://photos.app.goo.gl/hkLbeVLjmHrLexsy2