Volver

Xornadas de Fraseoloxía Multilingüe na aula

post
Ver más imagenes

Nas dúas primeiras fins de semana deste presente mes de maio, celebráronse en Santiago de Compostela as "Xornadas de Fraseoloxía Multilingüe na aula",  homologadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación  Universitaria. O colexio estivo presente na formación coa asistencia da Coordinadora de Normalización Lingüística.  Nestes tres días traballáronse os refráns, citas, frases feitas...e as súas aplicacións na aula en galego, español, francés, portugués, inglés, alemán, italiano e outras linguas e, mesmo, elaboruose, por parte de cada asistente,  unha actividade como exercicio dentro das horas non presenciais. Un traballo moi interesante que é parte da formación continua do profesorado.  

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar