Volver

Visita da escritora Ledicia Costas

post
Ver más imagenes

O pasado martes, 29 de maio visitounos na biblioteca do colexio a escritora viguesa Ledicia Costas. Durante unha hora puidemos gozar escoitando as vivencias que a autora reflicte nas súas obras. Tanto os alumnos de 5° EP como os de 1° ESO puideron falar, comentar e esbozar o libro que leran de Ledicia: A señorita Bubble.  Agasallaron á escritora con debuxos e outros detalles feitos por eles e, mesmo, lle entregaron un relato adicado. Despois de asinar os exemplares despedímola cunha emotiva ovación de agradecemento.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar