Volver

Acto conmemorativo do 35º aniversario da Lei de Normalización

post
Ver más imagenes

Hoxe, venres 15 de xuño, as coordinadoras de Normalización Lingüística do Colegio Vigo asistimos, na Casa da Cultura de Redondela, a un acto conmemorativo para celebrar o 35° aniversario da Lei de Normalización Lingüística.

Neste acto participaron o presidente do Parlamento galego, o secretario de política lingüística, o responsable de Normalización Lingüística do concello de Redondela, o alcalde, o profesor Xesús Alonso Montero e outros membros da comunidade educativa das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.

Escoitamos emotivos discursos e descubriron unha placa para lembrar este día de celebración no que se puideron escoitar textos de Curros e Cunqueiro musicados. 

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar