Volver

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA

post
Ver más imagenes

O pasado mércores 20 de xuño tivo lugar a excursión de fin de curso para as etapas de Infantil e Primaria. Este ano a excursión foi moi dinámica pois nada máis chegar a Tui un tren turístico estaba agardando por nós para facer un percorrido polos lugares máis pintorescos da fermosa vila. Mentres lle tocaba a quenda aos máis pequenos, os cursos de cuarto, quinto e sexto de primaria foron recibidos por dous guías do Concello para ensinarnos, entre outras cousas, o paseo fluvial, a Igrexa de San Telmo e a Catedral. Despois de rematar a viaxe no tren desprazámonos ao monte Aloia, onde  alumnos e profesores xogamos entre outras cousas a ser intrépidos exploradores celebrando a despedida do curso.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar